Excitadores simples

> Áreas temáticas > Electrostática


Habitualmente constan dunha parte metálica unida a un ou varios mangos illantes polos que se podían suxeitar con seguridade. A parte metálica remata en esferas cuxa utilidade é facer contacto eléctrico con obxectos cargados e así transmitir esa carga a outros dispositivos. Poden actuar entón como excitadores ou como descargadores.